venres. 06.02.2026
El tiempo

O peche reivindicativo no CRA Ponte da Pedra visibiliza o abandono da Xunta para co ensino público

Peche do profesorado no CRA Ponte da Pedra de Carballo
Peche do profesorado no CRA Ponte da Pedra de Carballo
O peche reivindicativo no CRA Ponte da Pedra visibiliza o abandono da Xunta para co ensino público

Implicado ao máximo está o profesorado do país na loita por un ensino público digno. A proposta dos sindicatos CIG e STEG de descentralización do conflito laboral nos centros, está calando entre os mestres, que están protagonizando simbólicos peches en ata 16 vilas do país, apoiados ademais polas familias. Dous deles desenvolvéronse na nosa comarca. O martes foi no IES Agra Raíces, en Cee, e este xoves 5 de febreiro o profesorado de Bergantiños realizou un peche no CRA Ponte da Pedra. 

O obxectivo segundo a CIG-Ensino está sobradamente conseguido tanto pola repercusión mediática desta iniciativa como pola conxunción de Anpas e profesorado que, a través da participación activa nas asembleas, compartiron reivindicacións comúns e acordaron realizar accións para visibilizar a necesidade de dotar os centros co persoal necesario para atender o alumnado con distintas necesidades. 

Despois de pasar a noite durmindo nos tres centros, mañá pola mañá levaranse a cabo concentracións á entrada das clases para continuar con esta visibilización social.  

peche CRA Carballo ensino publico

O día 10 concentración nos centros nun novo "martes en loita"

Tal e como se vén facendo xa nos últimos dous martes, que serviron como simulacro, o vindeiro día 10 a proposta da CIG-Ensino e do STEG é que se celebren nos centros de ensino concentracións, á hora da entrada, do recreo, ao mediodía ou pola tarde, con mensaxes reivindicativas para visibilizar as principais demandas do profesorado. Esta iniciativa, que afonda na descentralización do conflito laboral nos centros, emula o xa fe

Máis novas

Comentarios