Venres. 25.09.2020
El tiempo

Pedro Tasende presenta un caderno de debuxos ao seu avó na Galería Manolo Eirín

Pedro Tasende presenta un caderno de debuxos ao seu avó na Galería Manolo Eirín

”Loito en tinta azul” é unha edición limitada e firmada de tan só 98 exemplares do caderno de debuxos de Pedro Tasende. O artista plástico e arquitecto carballés presenta este novo proxecto o vindeiro domingo na Galería Manolo Eirín de Carballo.

Os cadernos recollen debuxos ao natural do seu avó durante os seus tres derradeiros anos de vida. Afincado na Bretaña francesa, Tasende retratou intermitentemente durante as súas viaxes de visita a Carballo ao seu avó, nos seus tres derradeiros anos de vida, preparándose para a súa ausencia.

A presentación do caderno terá lugar o domingo 30 de agosto ás 12h na Galería Manolo Eirín de Carballo. Os interesados poderán pasar pola galería recoller o seu exemplar e charlar co artista ata as 15h. Tomaranse tódalas medidas de seguridade contra o Covid-19.

LOITO EN TINTA AZUL - de Pedro Tasende

Novas relacionadas

comentarios