mércores. 11.12.2024
El tiempo

Peter Kramer volve expoñer na galería Manolo Eirin

CARTELEXPOPETERKRAMERjpg
Peter Kramer volve expoñer na galería Manolo Eirin

A galería Manolo Eirin acollerá este sábado 16 de novembro de 2024 á inauguración da nova exposición individual do artista danés Peter Kramer, titulada "1 + 1 = ∞" . A inauguración contará coa presenza do artista para conversar co público e compartir a inspiración detrás de cada obra. Cuns petiscos de benvida coma sempre, a inauguración será no espazo da galería de 12:00 a 18:00 horas.

En "1 + 1 = ∞", Kramer presenta os seus últimos traballos, caracterizados pola experimentación innovadora con materiais e técnicas. Dende o uso do grafito ata elementos pouco habituais como a raíz de cúrcuma, tanto como ferramenta como como pigmento, as pezas expostas recollen unha poética única do material. Así mesmo, o artista incorpora elementos persoais, como o vello martelo de xoiería do seu avó, para esculpir sobre papel cun minimalismo que potencia o relevo e a textura, evidenciando a súa profunda conexión co legado material e familiar.

VISTA SERIE VOLCANES, PETER KRAMER 2019-2021
VISTA SERIE VOLCANES, PETER KRAMER 2019-2021

Un dos puntos teóricos da exposición é a conexión entre a obra de Kramer este ano pasado coa película India Song (1975) de Marguerite Duras. Este diálogo establece unha resonancia temática que reforza o ambiente introspectivo da exposición.

Para esta ocasión, a galería contou co texto comisariado de Manuel Tuset, ademais das reflexións e visións do artista Evaristo Flórez e do profesor de filosofía Asger Sørensen.

Comentarios