Luns. 29.04.2024
El tiempo

Piden a consolidación dos noiros da praia de Razo ante os desprendementos de terras

Terra caida en Razo
Piden a consolidación dos noiros da praia de Razo ante os desprendementos de terras

Este mes a praia de Razo sufría un novo derrubamento de terras, nesta ocasión na zona da explanada. Ata alí achegáronse o alcalde, Evencio Ferrero, e os concelleiros de Medio Ambiente e Praias, Miguel Vales, e Seguridade, Juan Seoane, para ver o alcance duns desprendementos que, "por causa da erosión natural", aseguran, son xa habituais e contra os que cómpre tomar medidas.

O Concello xa sinalizou a zona, e está facendo, a través da Concellaría de Medio Ambiente e Praias, un seguimento constante da evolución dos desprendementos. Pero cómpre realizar accións máis contundentes e de aí que o Concello solicite a Costas que axilice o proxecto de consolidación dos noiros.

Comentarios