Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Piden un cuarto Xulgado para Carballo

Xulgados de carballo
Piden un cuarto Xulgado para Carballo

Antes de que cheguen os recortes, o Grupo Parlamentar do BNG vén de presentar unha proposición non de lei na que insta á Xunta a realizar as xestións oportunas para dotar de novos xulgados mixtos os partidos xudiciais de Viveiro, Vilagarcía de Arousa, Ribeira e Carballo. Nestas vilas medias, os Xulgados “presentan unha taxa de conxestión superior á media estatal e galega”.

O deputado carballés Daniel Pérez lembra que “dende o ano 2010 non se crearon novos xulgados en Galiza, agás no ano 2017 en Ferrol, Ourense, Vigo e A Coruña, o cal, ademais de preocupante, é unha clara expresión dunha estratexia deliberada e planificada dirixida á concentración da actividade xudicial nas denominadas sete grandes cidades”.

A necesidade do xulgado mixto número 4 de Carballo tamén foi compartida na sesión do 26 de febreiro do 2021 do Pleno da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Comentarios