A Policía Local carballesa aprende a usar os desfibriladores
 
          
    10:31 13/07/21 
            Os novos vehículos da Policía Local de Carballo están equipados con desfibriladores semiautomáticos (DESA), que permiten responder con rapidez ante unha emerxencia cardiaca. E para saber usalos correctamente os axentes participaron nun curso teórico-práctico de 4 horas sobre os fundamentos da reanimación cardiopulmonar e o manexo de desfibriladores.
Os axentes, así como outros 50 empregados municipais, xa están preparados para usar os equipos tamén que hai dispoñibles nas praias, nos pavillóns Carballo Calero e Vila de Noia, nos campos de fútbol municipais, ou no Pazo da Cultura.
 
       
       
             
             
             
             
         
           
          