Xoves. 28.05.2020
El tiempo

Por un Carballo Limpo

Por un Carballo Limpo
Informando na Campana Carballo Limpo

En marcha está a campaña Carballo Limpo. Unha campaña que o Concello carballés está realizando no medio rural do Concello para informar aos veciños e veciñas do novo servizo de recollida selectiva que se acaba de implantar nas parroquias. Unha campaña co obxectivo de mellorar a recollida selectiva de lixo nestas zonas.

O Concello procedeu á instalación de máis de cen illas verdes nas zonas rurais do concello, onde se colocaron colectores de envases lixeiros de vidro, papel e residuos orgánicos. Agora, persoal de Carballo Limpo informará aos veciños a través dun folleto informativo, no que poderán coñecer as claves sobre como separar o lixo e en que colectores os deben verter, ademais de ser informados doutros aspectos do programa, como a ampliación dos medios existentes e a nova ubicación dos colectores.

Máis información

Poden chamar ao 981 75 49 17 para o Punto Limpo Móbil, a través da páxina web www.carballolimpo.com ou no Twitter @CarballoLimpo.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios