Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A Praza dos Libros PLIC de Carballo refrenda a súa aposta polo galego

Programa_Plic_Carballo_2024 venres e sabado
Programa de venres e sábado
A Praza dos Libros PLIC de Carballo refrenda a súa aposta polo galego

Impresionante e comprometido o programa, que do 11 ao 14 de xullo, o Concello de Carballo propón para a Praza dos Libros, ou PLIC, cun potente programa que acredita o compromiso do Concello de Carballo coa cultura galega. Un programa con máis de 25 actividades que, como apuntou o alcalde na presentación, en presenza da Fundación Luís Calvo Sanz como patrocinadora, e representantes das llibrarías e editoriais, , reforzan o papel de Carballo como referente cultural.

A PLIC é a única feira literaria de Galicia que se celebra dentro dunha feira tradicional tan antiga e importante como é a de Carballo, facendo que os produtos gastronómicos da nosa terra teñan un papel moi destacado.
Por iso, o xoves 11 todas as persoas que merquen un libro serán agasalladas con atún Calvo, e o domingo, día de feira e de despedida da Praza dos Libros, os libreiros e as libreiras entregarán un moletiño de pan de Carballo con cada venda. 

O sector ofrecerá durante os catro días un 10% de desconto en todos os títulos, e ademais con cada libro entregarán unha tarxeta rasca coa que poderán conseguirse premios directos: libros, mochilas, bolígrafos, chaveiros, bolsas de tea... As casetas estarán abertas ao público de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas, polo que non hai escusa para non achegarse ata o corredor central da Praza do Concello e coñecer as novidades editoriais que nos traerán Brañas Verdes, Trasgo, Teldy, Clarión, Espiral Maior Foro e a debutante Espazo Lector Nobel, todas elas de Carballo, e tamén A gata tola, de Santiago, e Á lus do candil, de Arteixo.

Programa_Plic_Carballo_2024 domingo copia
Programa dominical

Autores

Pola Praza dos Libros pasarán este ano autores e autoras coma Xurxo Souto, pregoeiro desta edición; Ana Moreiras, Miriam Beizana, Rosalía Fernández Rial, Xan Fraga, Elena Gallego Abad, Olga Rodríguez, Ramón Sánchez, Raúl Herrera, Luis G. Soto, Alfonso Xabier Canosa, Paula Cousillas, Miguel Anxo Fernán Vello, María Reimóndez, Xan Fernández Carrera, Lola Rontano, Rober Cagiao, Luís García Soto e dúas premios nacionais como Yolanda Castaño, de poesía, e Paula Carballeira, de literatura dramática.

O creador máis internacional, Manuel Facal, tamén estará presente. O Espazo Facal, que nace coa intención de ter continuidade, rematará por esta edición cunha conversa entre dous grandes amigos de Manuel Facal, Cesáreo Sánchez Iglesias e Miguel Anxo Fernán Vello, arredor da súa figura.

Comentarios