Xoves. 11.08.2022
El tiempo

A Praza dos Libros supera o seu nivel de vendas dos últimos 15 anos

A Praza dos Libros Carballo 2022
Resumo gráfico da Praza dos Libros
A Praza dos Libros supera o seu nivel de vendas dos últimos 15 anos

Menuda semana máis completa a vivida arredor do recuperado programa da Praza dos Libros, este ano chamada Plic!. Unha iniciativa do Concello de Carballo para espallar a lectura, que conta coa colaboración das librarías da vila. Ao longo dos catro días, e despois do pregón de Xan Fernández Carrera, realizáronse unha trintena de actividades, entre concertos, lecturas, espectáculos de teatro, circo…

Pero o máis importante é comprobar como a literatura sae reforzada desta semana, e así, ademais do ambiente continuo, o refrendan as ventas, acadando un dos niveis máis altos dos últimos 15 anos. Ademais, outro dato é máis que interesante: máis da metade dos preto de 1.300 exemplares vendidos foron de literatura galega.

Sobre as actividades, “Un señor elegante”, de Suso de Toro, e “Flores de ferro”, de María Rei, foron os libros máis demandados polo público. E todo en perfecta harmonía co mercado do xoves e a feira do domingo, que unha vez máis volveron a integrarse entre as casetas dos libreiros, as mesas dispostas para as sinaturas dos autores e os obradoiros infantís, que tamén os houbo.

comentarios