Luns. 07.10.2024
El tiempo

COVID: Preocupación en Carballo ante o novo gromo na Residencia DomusVi

  • Esta fin de semana faleceron outras dúas mulleres, de 90 e 94 anos, na Residencia DOMUSVI de Vimianzo. Son xa 11 as persoas falecidas na residencia vimiancesa nesta terceira vaga.
  • Este luns falecía tamén unha muller de 90 anos na Residencia DomisVi de Carballo.
residencia DomusVi Carballo
Residencia DomusVi de Carballo
COVID: Preocupación en Carballo ante o novo gromo na Residencia DomusVi

Volven as curvas a Carballo, que hoxe xa daba uns datos parecidos ao da segunda onda: 168 novos positivos confirmados por PCR nos últimos 14 días, e 184 casos activos.

A comisión de seguimento da COVID-19 analiza a situación do concello reuníase por primeira vez tras a entrada en vigor das máximas restricións o pasado venres, facendo fincapé nunha nova preocupació: o gromo na residencia de maiores DomusVi. Son, de feito, 34 usuarios/as e 4 traballadores/as afectados na residencia carballesa.

Menores

Semella que non hai especiais incidencia nos centros escolares, polo que se manteñen aberto os parques, e tamén se manteñen as feras.

Peches

Unha das circunstancias que saíron á palestra é a dificultade que ten a xente para xustificar o saltarse o peche perimetral para o coidado de persoas dependentes e/ou menores. A Policía Local coma dende a Garda Civil (que seguen facendo controis de aforos e de respecto dos peches) requírese algún tipo de documento, que pode ser o DNI da persoa que precisa eses coidados ou o Libro de Familia no caso dos menores. Cando as persoas son usuarias dos Servizos Sociais municipais pode solicitarse un informe no propio servizo.

Novas relacionadas

Comentarios