Luns. 01.03.2021
El tiempo

COVID: O Sergas fará esta semana un cribado masivo de 6.000 persoas en Camariñas e Vimianzo

  • Esta fin de semana faleceron outras días mulleres, de 90 e 94 anos, na Residencia DOMUSVI de Vimianzo
COVID: O Sergas fará esta semana un cribado masivo de 6.000 persoas en Camariñas e Vimianzo

Continúa medrando a incidencia do coronavirus na Costa da Morte. Así se ratifica da cifra de positivos totais nos 19 concellos QPC, que supera as cifras da segunda onda do mes de novembro. Hoxe son un total de 758 positivos, que representa máis do doble de casos en apenas 10 días.

Son varios os concellos multiplican ata por 6 a teórica cifra de 250 casos / 100.000 habitantes, a Taxa aproximada de Incidencia acumulada a partir da cal comezan a tomar medidas serias. A porcentaxe de positivos, a nivel galego, supera estes días o 10%, e iso que se están realizando máis probas ca nunca (na última semana superan as 2.000 as feitas diariamente na área sanitaria).
Así mesmo, volve subir o número ingresados con covid no Hospital Virxe da Xunqueira, e hoxe luns xa son 12 os ingresados. Ademais, un home de 92 anos con patoloxías previas, falecía este mesmo domingo.

O número de casos de Bergantiños é a que máis sobe, sobre todo en Carballo, A Laracha e Laxe.

Pero a gran perocupación do Sergas céntrase na comarca de Soneira. Ata o punto de que é a primeira vez que Luís Verdes, o xerente del Area Sanitaria de A Coruña e Cee, se refire concretamente á nosa zona. “Tras analizar a evolución e o tempo transcorrido en tasas elevadas., temos decidido leva a cabo un cribado poboacional masivo nos concellos de Vimianzo (con 131 casos activos) e Camariñas, que se suma aos xa feitos durante as últimas semanas a diversos colectivos de maiores exposición (axuda en domicilio, hostalería, transporte…). Temos seleccionada xa poboación entre 18 e 60 anos deste dous concellos, un total dunhas 6.000 persoas; 1.500 en Camariñas, e 3.500 de Vimianzo que serán citados na na Casa da Cultura, xunto coa poboación de Camelle e Ponte do Porto”.

”Esta medida xunto coas probas de antíxenos e as solicitudes de PCR dos profesionais do Centro de Saúde e o PAC esperamos que nos axuden a controlar a incidencia na comarca”, sinalou Verdes.

Datos Covid Costa da Morte 17-01-20201
Datos do día 17-01-2021

Mapa restricion 15-01-2021 en Galicia

Máis artigos sobre o covid

Artigos relacionados

comentarios