Mércores. 20.01.2021
El tiempo

COVID: Carballo, Cee, Camariñas, Laxe e Vimianzo, no nivel máximo de restricións

  • Chegan as primeiras vacinas para os profesionais do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
  • Algunhas residencias como a Nosa Señora do Carme de Fisterra tamén recibiron as primeiras vacinas. A de Vimianzo espera a controlar o gromo.

 

Vacinando aos profesionais do HVdX
Vacinando aos profesionais do HVdX
COVID: Carballo, Cee, Camariñas, Laxe e Vimianzo, no nivel máximo de restricións

Vén de dar ao detalle o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo, tralo avance da pasada noite, as novas medidas que a Xunta toma a raíz da nova subida da incidencia do COVID trala errática política das administracións durante o pasado nadal.

A Xunta, que avanza que o pico desta vaga non chegará ata finais de febreiro, inclúe 60 concellos do país no nivel máximo de restricións, entre eles os Concellos costeiros de Carballo, Cee, Camariñas, Laxe e Vimianzo. Nestes Concellos (incluídas as 7 cidades), a hostalería só poderá abrir na terraza e ao 50%, os centros comerciais terán un aforo do 30% e se pecharán as salas de xogo.

Ademais, quedan eliminadas as chamadas “améndoas”, os peches comarcais, polo que os 5 concellos costeiros sufrirán durante “as vindeiras semanas” un peche perimetral individual.

Pola contra, os concellos de Santa Comba, Zas, Dumbría, Fisterra, Mazaricos e Muros recuperarán a súa mobilidade.

Principais medidas en toda Galicia

O resto de Galicia pasa ao nivel de restrición medio-alto, no que se inclúen todas estas medidas, que comezarán a estar vixentes a partir do venres:

  • Peche da hostalaría ás 18:00h (abre coas terrazas ao 50% e interior ao 30%)
  • Peche do comercio ás 21.30h.
  • Toque de queda ás 22.00h ata as 6:00h.
  • Máximo de 4 persoas en reunións privadas e públicas.
  • As Visitas hospitalarias só se poderán realizar por unha persoa por paciente.

Feijoo fixo fincapé nas casas, recomendando que nas casas só vaian os convivintes. “Se os bares pechan ás 18:00h, non podemos levar o bar a casa”, sinalou.

Nese sentido recomendou que se faga o esencial “ir ao médico e as escolas, coidados de maiores e pequenos, facer a merca e ir ao traballo, primando cando sexa posible o teletraballo”.

Artigos relacionados

Máis artigos sobre o covid

comentarios