Martes. 05.07.2022
El tiempo

Presentado o novo Laboratorio de emprendemento social e solidario de Carballo

Evencio Ferrero Elena Sanmamede e Paula Lema con REAS GALICIA
Evencio Ferrero Elena Sanmamede e Paula Lema con REAS GALICIA
Presentado o novo Laboratorio de emprendemento social e solidario de Carballo

Arrincaba onte en Carballo un interesante proxecto de economía social, de “economía distinta”. Así definían Helena Sanmamede o “Laboratorio de emprendemento social e solidario”, que nace da man de REAS Galicia e a Concellaría de Promoción Económica de Carballo. Outra iniciativa pioneira desta Concellería, da man da rede de redes de economía alternativa e solidaria.

O Laboratorio desenvolverase dende o 18 deste mes ata o 27 de xuño, cun completo programa de actividades para o Pazo da Cultura, que inclúe tres tipos de actividades: obradoiros de innovación baseados nos retos e necesidades do territorio, divulgación de experiencias de economía social inspiradoras, e formación sobre economía social e redes nas que apoiarse a través de talleres formativos.

Programa

  • 18 abril. Taller formativo: O cooperativismo como fórmula empresarial (2,5 horas)
  • 26 abril. Obradoiro de innovación: A economía social como ferramenta de desenvolvemento económico e xeración de emprego (4 horas)
  • 2 maio.Taller formativo: As sociedades laborais como fórmula empresarial (2,5 horas)
  • 19 maio. Obradoiro de innovación: que poden facer as TIC pola economía social (4 horas)
  • 30 maio. Mostra de experiencias: finanzas éticas como fórmulas de financiamento de proxectos sociais (2,5 horas)
  • 13 xuño. Mostra de experiencias no ámbito do consumo (2,5 horas)
  • 27 xuño. Mostra de experiencias nos ámbitos dos coidados (2,5 horas)

Aínda que as actividades, sete en total, son independentes, dende Reas Galicia convídase ás persoas interesadas a realizar o itinerario completo. As inscricións poden realizarse nesta ligazón.

Programa REAS Carballo 2022

comentarios