Venres. 26.04.2024
El tiempo

Primeiro encontro do proxecto Somos Pandereiteiras

20211122 Somos Pandeireteiras © Vanessa Rábade 8 copia
Imaxe da presentación do Somos Pandeireteiras o pasado novembro. © Vanessa Rábade
Primeiro encontro do proxecto Somos Pandereiteiras

Vai collendo forma o proxecto Somos Pandeireteiras. Trala presentación oficial o pasado novembro en Carballo, este domingo 19 o Pazo da Cultura acolle a primeira actividade pública.

Será un encontro, para o que xa se esgotaron as prazas, que pretende abrir un espazo de reflexión para que as tocadoras aborden, en común, outras formas de vivir a música.

A xornada comezará ás 09.30 horas cunha benvida e presentación de Mercedes Peón e do grupo promotor que acompaña á investigadora na iniciativa. De seguido, Peón ofrecerá un relatorio no que exporá a motivación do encontro, o camiño que o grupo percorreu ata a celebración desta xornada e a metodoloxía que se seguirá ao Longo da mesma. De seguido, ás 10.30 horas, terá lugar unha conversa interxeracional de tocadoras, conducida pola xornalista e pandeireteira Selina Otero, que contará coa participación de Carmen de Lema, Ermitas do Ánxelo ou Icía Varela.

Logo dun breve descanso, contra ás 12.00 horas, desenvolveranse de xeito paralelo catro mesas de traballo nas que se debaterán, entre outras cuestións, o rol da pandeireta e da voz, a súa representación social ou a propia función social das tocadoras e das pandeireteiras.

Para as que non poidan asistir, todas as conclusións da xornada exporanse publicamente o mesmo día 19 e posteriormente na web www.somospandeireteiras.gal, grazas á colaboración das relatoras, o grupo de catro mulleres vinculadas á palabra que recollerán in situ o imaxinario e perspectivas das participantes: as poetas Ana Romaní, Susana Aris, Andrea Nunes e María Reimóndez.

Novas do proxecto

Outras novas sobre tradición

Comentarios