Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As Pandereiteiras de Mens, as primeiras mulleres habituais na escena musical folcórica de Galicia, xa teñen o seu libro-CD

Bea Busto co libro das Pandereteiras de Mens
Bea Busto presentou o libro-CD das Pandereteiras de Mens no Culturgal
As Pandereiteiras de Mens, as primeiras mulleres habituais na escena musical folcórica de Galicia, xa teñen o seu libro-CD

Como realizaran co bo de Pazos de Merexo, a Central Folque vén de lanzar un libro CD das Pandeireteiras de Mens. Trátase dun novo número da colección Chave Mestra, que recolle a nosa historia tradicional.

Desta volta a autora é Beatriz Busto, que “despois de 2 anos de traballo de campo e outro máis de análise e transcrición compartida co meu colega e amigo Sergio de la Ossa”, saca este libro CD no que recolle “o relato de vida e repertorio de Prudencia, Asunción, Manuela, (A)Del(i)a e Teresa”

Busto recoñéceas como “as primeiras mulleres que, sendo labregas, tiveron presenza visíbel na escea musical folclórica de xeito habitual”, dende que nalquel 1972 subiran por primeira vez ao escenario do Teatro Colón da Coruña.

Xa o podedes encargar dende a web www.folque.com.

Novas relacionadas

Comentarios