mércores. 30.04.2025
El tiempo

Un programa de actividades en Carballo polo Día da Auga

Miniatura da fonte da Praza de Galicia de Carballo
Miniatura da fonte da Praza de Galicia de Carballo
Un programa de actividades en Carballo polo Día da Auga

Ata polo Día da Auga artella actividades culturais o Concello de Carballo. O concello carballés quere celebrar o 125 aniversario da primeira “traída de auga de Carballo”, inaugurada en 1900 cunha fonte principal na actual Praza de Galicia (por aquel entón Praza da Liberdade). A chamada fonte do Pilar foi , foi trasladada anos máis tarde á praza Alfredo Brañas, onde permanece.

Así, mesturando ambas datas, concello e a empresa concesionaria do ciclo integral da auga, Gestagua, colaboran na organización dunha serie actividades para “reactivar a memoria local poñendo en valor dous elementos arquitectónicos emblemáticos da vila".

O Concelleiro Miguel Vales presentou o programa acompañado polo concelleiro de Obras, Luis Lamas; o alcalde, Evencio Ferrero, e dous representantes de Gestagua, Benigno López, que foi ata hai uns días o xefe do servizo en Carballo, e Carlos Berroy, que ocupa agora ese posto. 

Programa dia da Auga Carballo 2024

Os colexios e institutos poderán realizar visitas guiadas ás depuradoras nos meses de abril e maio, previa solicitude, e para o público en xeral realizarase unha o 14 de abril dentro do programa MercaEscola, aberta á participación de calquera persoa que poida estar interesada.

E o sábado 22 unen o Día dos Bosques e o Día da Auga nunha xornada popular na Praza de Alfredo Brañas. Nese punto celebraranse a partir das 11.00 horas obradoiros para nenos e nenas de 3 a 12 anos: “Gotas de auga”, no que crearán pingas decoradas con globos de cor azul, e “Planta unha semente”, na que realizarán macetas para plantar sementes de especies autóctonas. A participación é libre e de balde, aínda que se recomenda inscrición previa nesta ligazón.

O mesmo 22 tamén se realizará unha ruta entre as dúas fontes inauguradas no ano 1900, guiada polo historiador e profesor Xan Fraga Rodríguez. O punto de encontro das persoas que queiran sumarse será a Praza de Galicia.

Comentarios