Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O PSOE carballés apoia a esixencia veciñal dunha pasarela provisional nas obras da ponte da Milagrosa

Patricia Iglesias A Milagrosa Carballo 130524 01
A veciñanza da Milagrosa cos membros do PSOE
O PSOE carballés apoia a esixencia veciñal dunha pasarela provisional nas obras da ponte da Milagrosa

O grupo do PSOE mantivo onte unha reunión coa veciñanza e servizos do barrio da Milagrosa. A veciñanza presentaba un escrito o pasado 25 de abril, avalado por 47 negocios e 225 veciños e veciñas reclamando unha pasarela provisional móbil que permita o paso dos peóns na zona da ponte. O Concello sinala que calquera tipo de actuación na canle do río require da autorización de Augas de Galicia, e dende a Xunta non hai novas.

Así, aa parlamentaria socialista Patricia Iglesias confirmou o seu apoio e apuntou que acaba de presentar no Parlamento unha batería para reclamarlle á Xunta e ao Concello de Carballo unha solución aos problemas provocados polas obras de reforma da Ponte.

Reclamoulle a Xunta e Concello que rematen coa discusión sobre a competencia para colocar a pasarela, que o único que fai é “demorar a toma de decisión e asunción de responsabilidade para resolver un problema urxente e perentorio”.

Comentarios