luns. 16.06.2025
El tiempo

O PSOE carballés renova a súa executiva local

Membros do PSOE de Carballo copia
O PSOE carballés renova a súa executiva local

A Agrupación Socialista de Carballo celebrou esta pasada fin de semana a súa asemblea ordinaria para a renovación da executiva local, nun ambiente de participación e compromiso coa acción política no municipio.

A militancia revalidou a confianza en María Carmen Vila Blanco, que renova, unha vez máis, como Secretaria Xeral, continuando así co proxecto político que leva liderando nos últimos anos, baseado na defensa dos servizos públicos, a igualdade e o desenvolvemento sostible para Carballo.

Un dos principais cambios prodúcese na Secretaría de Organización, onde Juan Ramón Rama Pose releva a César Varela, que deixa o cargo tras unha etapa de intenso traballo e dedicación.

O resto dos membros da nova executiva incorpóranse por primeira vez aos órganos de dirección da agrupación, achegando ideas renovadas e representación de diferentes ámbitos sociais e profesionais:

  • María del Carmen Figueiras Britos – Secretaria de Urbanismo e Medio Ambiente

  • Xesús Deus Gende – Secretario de Dereitos Sociais e Lingua Galega

  • Xosé Antón Iglesias – Secretario de Seguridade e Mobilidade

  • Sergio Rodríguez Rama – Secretario de Medio Rural e Participación Veciñal

  • María Esther Pena Seoane – Secretaria de Educación, Cultura e Deportes

A nova executiva socialista aposta por "unha estrutura renovada, plural e comprometida co presente e futuro de Carballo".

Comentarios