O PSOE pide que a Xunta garanta a educación especial para as familias do CEE Aspaber
Non para a polémica polo peche do Centro de Educación Especial ASPABER. Trala manfiestación da pasada semana, e o apoio amosado polo BNG, esta semana foi o secretario xeral do PSdeG Provincial da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, o que se achegou a Carballo para amosar o seu apoio dos socialistas “ás familias afectadas polo anuncio do peche do centro de educación especial ASPABER”. Xunto aos candidatos e candidatas socialistas na comarca, Fernández Piñeiro solicitou á Xunta “a adopción de medidas de carácter urxente para garantir que neste centro se segan ofrecendo os servizos de educación especial”.
Fdez. Piñeiro lembroulle á Xunta que “deben tomar as medidas necesarias para que este centro poida continuar coa súa actividade e ofrecer un servizo educativo de calidade á poboación”. Ademais, o socialista tamén solicitou ao Goberno autonómico “dotar aos centros ordinarios con material para atender tamén á rapazada con estas necesidades especiais”. Tamén demandou á Xunta “a construción dun centro específico no que se atendan as demandas educativas destas familias”.