O PSOE solicita en pleno a adhesión do concello de Carballo ao programa VIOPET
VIOPET é un programa que acolle, de forma temporal, aos animais de mulleres vítimas de violencia machista. Un programa do Minsterio que durante o primeiro ano deu cobertura a máis de 300 mulleres sobreviventes de violencia machista e aos seus animais. Son xa 800 casas de acollida en todo o estado as que se prestan voluntarias a acoller a estes animais ata que estes poden retornar coas súas propietarias.
Os estudos sinalan que arredor da metade das mulleres maltratadas (un 30% das vítimas de violencia de xénero teñen animais de compañía) atrasaron deixar o fogar por medo a abandonar aos seus animais. De aí a importancia deste programa para evitar retrasar unha decisión tan importante e urxente.
Por isto, o PSOE carballés vai presentar en pleno que o Concello de Carballo adhírase ao proxecto VIOPET do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e realice accións para visibilizar á cidadanía a existencia do mesmo. Igualmente pide que o Concello de Carballo propoña a realización de xornadas de concienciación sobre animais de compañía e violencia machista.