Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A rapazada da Escola Ambiental de Senda Nova pechan o círculo agrícola vendendo os seus produtos na feira de Carballo

Alumnado da Escola Ambiental de Senda Nova vendendo os seus produtos no Mercado de Carballo 1
A rapazada da Escola Ambiental de Senda Nova pechan o círculo agrícola vendendo os seus produtos na feira de Carballo

Chega o fin de curso na Escola Ambiental de Senda Nova. A 13ª edición desta pioneira iniciativa que cada fin de semana de outono, inverno e primavera achega a natureza a 20 rapaces e rapazas de Bergantiños con todo tipo de actividades, como excursións, obradoiros, horta…

Unha das máis esperadas tivo lugar este pasado domingo, no marco da feira dominical. A rapazada, que leva meses coidando a súa horta ecolóxica común, pechaba o círculo do labrego fetén, levando os seus produtos á feira.

Un proxecto integral, transversal, que lle axuda á rapazada mellorar competencias como a paciencia, o traballo en equipo, a comunicación… e a comprender os ciclos da vida. Todo, ademais de manterlle os pés e as mans preto da terra, algo que tanto valor ten nestes tempos de asfalto.

”Moi interesante o aspecto comunicativo para as nenas e nenos, obrigados a soltarse a falar para expoñer a información precisa de quen son, porque están alí e que venden”, resalta José Manuel Menéndez, de Senda Nova.

Máis novas

Comentarios