Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os Ratiños de Lonxe de Todo volven encher de risas a Biblioteca de Carballo

Ratinos de Lonxedetodo en Carballo
Os Ratiños de Lonxe de Todo volven encher de risas a Biblioteca de Carballo

Que risas botaron os peques de Carballo co espectacular regreso dos Ratiños de Lonxetodo esta semana á Biblioteca Rego da Balsa. Foi a primeira dunha nova serie de visitas dos mércores de aquí ao mes de xuño-

Fuco e Pillo trouxeron os seus “Ovos, letras e galiñas”, unha desas historias da compañía do TrinkeTrinke cheas de contos e música.

As obras tamén se poden ver nas retransmisións en directo, a través das canles de YouTube do Concello de Carballo e da Biblioteca Rego da Balsa, así coma das páxinas de Facebook de Bibliotecas, Cultura e Concello de Carballo, para que teñades onde escoller!

Porque os protocolos seguen a ser estritos e hai limitación de aforo. As reservas realízanse exclusivamente por teléfono, no 981 758 580, dende o mércores anterior a cada función.

Hai doble función, ás 17:00 e ás 18:30 horas e o calendario éo seguinte:

• 17 de marzo: “O coelliño branco”
• 31 de marzo: “Paxariños”
• 14 de abril: “Contos para andar o camiño”
• 28 de abril: “Lonxedetodo en festas!”
• 12 de maio: “Os ratiños da caixa”
• 26 de maio: “Viaxe a África”

Comentarios