Mércores. 14.04.2021
El tiempo

A Real Academia Galega afonda nos topónimos de Carballo

cuberta-toponimia-carballo
A Real Academia Galega afonda nos topónimos de Carballo

A Vixoteira, Betrís, Esteves, Agramaior, O Zarallo, Esculqueira, Barís, Bas, O Esmorís… ata 350 topónimos do Concello de Carballo analiza a Real Academia Galega no seu novo número da colección divulgativa Terra Nomeada asinado polo filólogo Fernando Cabeza Quiles.

Unha serie que afonda na pegada dos vestixios dialectais comarcais na toponimia local. Un exemplo que expoñen é o da Vixoteira, do non se atopa documentación mais ca no galego bergantiñán. Segundo explica ao autor, é un adxectivo que se lle dá ás persoas, xeralmente de idade avanzada, que axexan dende as súas fiestras os transeúntes, e que o fan con moita precaución para non seren vistas. Ideal para unha aldea que se atopa nun lugar alto, dende o se pode vixotar ou vixiar unha ampla extensión de terra do val de Rus. Unha relación moi semellante á que pode haber no lugar de Esculqueira.

O seseo final da comarca bergantiñá tamén deixa topónimos como Bas ou Esteves, e as terminacións femininas en -án(s) (a/s miña/s irmán/s, non a/s miña/s irmá/s), tamén deixan nomes de lugar As Chans e Vilachán, que no galego de Lugo e Ourense e mais nos do leste da Coruña e Pontevedra serían As Chás e Vilachá, compara o filólogo.

Máis información: Academia.gal: “Toponimia de Carballo”

 

Novas relacionadas

comentarios