Recunchos da Costa: As Percebeiras de Carballo

09:05 04/04/15

Achegámonos hoxe, que mellor momento que esta soleada Semana Santa, ata a mesma fronteira entre Carballo e Malpica, aínda en territorio carballés pero no corazón do litoral de Bergantiños. Achegámonos a un dos tesouros mellor agochados da nosa zona, un deses lugares onde o complicado acceso impide unha chegada masiva de turistas, como acontece na Praia das Catedrais, precisamente as curmás maiores das Percebeiras de Carballo.