Venres. 19.04.2024
El tiempo

A rede de abastecemento de auga pronto chegará a todo o litoral carballés

obras abastecemento_lema-carballo
A rede de abastecemento de auga pronto chegará a todo o litoral carballés

A a carballesa Vázquez y Reino arrincaba onte as obras bras de extensión da rede de abastecemento de auga dende Razo ata Lema. Unha obra enmarcada nun plan relativo ao saneamento e o abastecemento de máis de 3,2 millóns de euros.

Esta obra, incluída no POS+Adicional 2019, foi adxudicada por 361.912,28, e permitirá construír a canalización principal ata Razo, así coma un ramal cara a praia e as conexións ás canalizacións existentes nos núcleos de Centeás, A Chamusqueira, O Igrexario e Castrillón.

Paralelamente executarase o proxecto das redes de abastecemento e saneamento dos núcleos de Cambrelle (Razo), Cambre e Outeiro (Lema), que se financia con cargo ao remanente de tesourería para gastos xerais do ano 2019 cunha partida de 416.971,86 euros, e que foi adxudicado esta mesma semana pola Xunta de Goberno Local á mesma empresa carballesa por 375.953,74 euros.
Pendente queda a rede de abastecemento a Oza e Razo, que se fará por 1,7 millóns de euros co POS deste ano.

A maiores, está en fase de redacción por parte da Xunta de Galicia o proxecto para completar o abastecemento e/ou saneamento nos lugares de Sambade, Regueira de Arriba, Regueira de Abaixo, A Chamusqueira, Agramaior e Centeás (Lema); O Salto, As Travesas, Castelo, San Miguel e Vilela (Vilela); A Algara, O Rapadoiro, As Infantas, O Campo e a Casanova (Noicela) e Rebordelos, Vilar de Peres e Constenla (Rebordelos). En total, 16,7 quilómetros de rede de abastecemento e 9,7 de saneamento, con seis bombeos e un grupo de presión.

Novas relacionadas

Comentarios