A Rede de Decrecemento de Carballo busca achegas para o seu novo fanzine “O Caracol”

A Rede de Decrecemento de Carballo pon a andar o fanzine O Caracol. Así o decidiu o grupo formado hai uns meses na capital bergantiñá, ante a necesidade de contar cunha canle de comunicación autoxestionada onde expresar os pensamentos e inquedanzas (artisticas, culturais, filosóficas, políticas, ecolóxicas en calquera das súas expresións..).
O grupo abre convocatoria para a recepción das achegas. O tema vira arredor do Decrecemento e autoxestión comunitaria en tódalas súas vertentes: a soberanía alimentaria, as hortas comunitarias, o traballo voluntario polo ben común, o comercio, a produción e consumo locais, desprazamentos sostibles: a bicicleta, o transporte público… creación, uso e funcionamento de moedas sociais que non resposten á especulación, a vivenda cooperativa, a sanidade preventiva, o ecofemimnismo…
Se queres participar podes enviar a túa achega a rededecrecementocarballo@gmail.com antes do próximo día 15 de xullo.
Máis novas