Luns. 06.05.2024
El tiempo

A Rede de Decrecemento de Carballo pon en marcha a súa horta comunitaria e o seu Grupo de Consumo

Rede Decrecemento de Carballo 2024
A Rede de Decrecemento de Carballo pon en marcha a súa horta comunitaria e o seu Grupo de Consumo

A semente do decremento hai tempo que agromou en Carballo. Xa en 2017 a Rede de Decrecemento Eo-Navia, Galicia e O Bierzo realizara unha charla na cita, e a comezos de ano, despois doutra sesión no Casino 1889 decidiron integrar o grupo bergantilñán na propia rede, uníndose ao movemento decrecentista de Galicia.

Así nace a comezos de ano a Rede de Decrecemento de Carballo, tendo realizado ata o momento 3 sesións no Casino. ”Eses primeiros encontros foron máis de debate e posta en común da idea que cada quen tiña arredor do Decrecemento e sobre cales entendiamos que eran os espazos de acción nos que podíamos actuar de xeito concreto, pasar a acción superando o debate teórico”, explican dende o colectivo.

Foi a grande acollida que tiveron estes encontros o que os levou a dar un último paso e formar un grupo decrecentista en Carballo, definindo varias áreas de actuación: Horta ecolóxica comunitaria e grupo de consumo, comunicación, mobilidade, moedas sociais e vivenda cooperativa.

Así, este sábado 27 de abril, a partir das 10:30 da mañá, terá lugar, unha vez máis no Casino, o primeiro dos encontros arredor nunha desas áreas de traballo para poñer mans á terra. A xornada comezará cunha xuntanza arredor do grupo de consumo “O Xirimolo” que ten o obxectivo de promover, principalmente, a compra en común a proveedores locais de produtos de alimentación principalmente, ainda que non só, tanto na feira coma no resto do comercio local, con preferencia cara os que prioricen a producción ecolóxica e a reciclaxe.

Incorporan ademais tamén unha parte lúdica á xornada co concerto do artista de blues ferrolán, David LH, que virá acompañado do seu amigo Fabeiro ó contrabaixo. Este concerto tera lugar na terraza da taberna do Casino, O Logradouro.
A continuación farán, tamen no Casino, un xantar comunitario aberto no que cadaquén achegará a comida que teña a ben para e compartir entre todas.
Para finalizar, ás 17:00 horas, visitarán unha leira que lle ceden ao colectivo para ver a preparación que precisa e comenzar a cultivar en comunidade o noso propio alimento, recuperando o espíritu comunitario de axuda mutua en sementeiras e colleitas.

Comentarios