Martes. 19.03.2024
El tiempo

As redes de saneamento e abastecemento de Verdillo, case listas

O Concello invita a veciñanza a participar na Limpeza do Proxecto Ríos
20092021 saneamento_verdillo
Concelleiro e alcalde visitando as obras de Verdillo
As redes de saneamento e abastecemento de Verdillo, case listas

Segue realizando o Concello de Carballo unha marea de obras en materia de saneamento, a través do plan de 3 millóns de euros aprobado o ano pasado. Unha das que quedan por rematar son as redes de abastecemento e saneamento na parroquia de Verdillo, que cun orzamento de 275.000 euros, estenderá estes servizos a un total de 32 vivendas de lugares do Curro, Aseñado, A Chavella, O Alto e A Redonda.

Son con estes máis de 40 lugares de 12 parroquias os que viron mellorada a súa rede, mentres continúan as obras en Leboreo, Requeixo e A Rega, na parroquia de Bértoa, ou na rúa Vázquez de Parga. En breve arrincarán tamén as redes de abastecemento e saneamento de Cambre e O Outeiro (Lema) e Cambrelle (Razo), cun investimento de 416.971,86 euros.

Tamén está en tramitación a extensión da rede ata Pedra do Sal, no marco doutro plan para fornecer o litoral carballés. Mentres o Concello espera que co POS+Complementario poidan desenvolver outras obras relacionadas co ciclo da auga na zona urbana, ou de captación.

Proxecto Ríos

A XIV Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos”, no marco do Proxecto Ríos, celebrarase este ano en 35 concellos de toda Galicia, coa colaboración de distintas entidades e colectivos. A limpeza será o 26 de setembro e mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 35 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social, xa que manter limpos os nosos cursos fluviais é imprescindible para garantir a súa saúde.

A limpeza está aberta á participación de persoas de todas as idades. Podedes inscribirvos enviando un mail a [email protected] ou poñéndovos en contacto coa coordinadora da zona, María, no 651 482 305.

Novas relacionadas

Comentarios