Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Reino de Galiza debátese no Espiral Maior Foro

  • O centro carballés acolle unha conversa arredor do libro "Porque caiu a Galiza? A Coroa Galaica durante a Era Compostelana", do historiador ourensán José Manuel Barbosa.
CICLO-Esplendor-e-colapso-do-Reino-da-Galiza-na-Era-Compostelana (1)
O Reino de Galiza debátese no Espiral Maior Foro

O vindeiro sábado, 2 de marzo, en Espiral Maior Foro de Carballo, terá lugar a primeira xornada dun ciclo titulado "Esplendor e colapso do Reino da Galiza na Era Compostelana". 

O formato dos actos, a partir de obras de investigación editadas en forma de libro, será o de "conversa/debate" cos autores e público presentes. Trátase de contemplar a historia de Galicia como un espazo de coñecemento expreso do pasado e ao mesmo tempo comounha vía de identificación coa realidade histórica que ten condicionado o presente.

O sábado 2 de marzo, ás 11:30 h., estará presente o profesor e historiador ourensán José Manuel Barbosa e a súa obra "Porque caiu a Galiza? A Coroa Galaica durante a Era Compostelana". Acompañarán ao autor o profesor de Lingua e Literatura Afonso Xavier Canosa e o escritor Miguel Anxo Fernán Vello.

O sábado 9 de marzo, na segunda xornada, a sesión contará co filólogo e historiador Henrique Egea, autor da obra, recentemente publicada, "Remover Roma por Santiago. O conflito entre Roma e Santiago à luz da Historia Compostellana".

Comentarios