Os Reis Magos chegan a Carballo antes de tempo
Visita inesperada o pasado mércores 29 de novembro, coa chegada a Carballo os Reis Magos. Sobre as 22:00 da noite do mércores, Melchor, Gaspar e Baltasar chegaron a praza do concello nun flamante “Volkswagen escarabajo” descapotable e estiveron paseando pola rúas de Carballo e incluso, según nos comentan, algún afortunado puido velos.
Polo que parece, tres comercios da vila (Atelier, Mmmm Xeados! e Zocas) foron os que convenceron as súas maxestades para que viaxasen dende Oriente para pasar o Nadal a Carballo. Por primeira vez, en máis de 2000 anos, Melchor, Gaspar e Baltasar botarán o mes de decembro en Carballo, onde recollerán as cartas que lle deixen as nenas e os nenos.
As súas maxestades deixarán a vila o próximo día 5 de xaneiro para poder asistir ás cabalgatas que teñen comprometidas e entregar os agasallos na madrugada do 6 de xaneiro. Ata entón podremos disfrutar da súa compañía en Carballo. Tan só hai que buscalos e según nos contan, estarán fácilmente localizables.