xoves. 15.05.2025
El tiempo

Remodelación completa da rúa Río de Carballo

Remodelación completa da rúa Río de Carballo
Antes e despois das obras da rua Rio de Carballo Antes e despois das obras da rúa Río de Carballo

Aí vemos o agora e o despois que vivirá a rúa Río de Carballo, paralela á Fomento e moi próxima ao río Anllóns. Onte a Xunta de Goberno Local adxudicada as obras de renovación dos servizos, acabado superficial e xardinería que transformarán por completo a rúa Río. As obras, incluídas no plan provincial POS+2017, serán executadas pola empresa IAM Rumbo Instalaciones y Obras S.L. cun orzamento de 156.582,18 euros.

Convenios deportivos

Na Xunta de Goberno Local, por outra banda, foron aprobados convenios de colaboración con entidades deportivas para a organización de distintos eventos que contribúen á promoción do deporte e á proxección exterior do noso concello. Deste xeito, as Escolas Balonmán Xiria recibirán 4.500 euros para o Carballo Handball Festival; Atletismo Carballo contará con 2.500 euros para a Carreira solidaria de dous en dous; o Bergantiños Fútbol Club disporá de 30.000 euros para a participación en competicións deportivas federadas, e as Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz percibirán 8.000 euros para o XIV Torneo F7 alevín Concello de Carballo.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
Comentarios