Renovación do mobiliario de espazos naturais carballeses

A Brigada Municipal de Obras, reforzada nesta época do ano co equipo de traballadores/as perceptores/as da Risga, está a realizar un importante traballo de mantemento do mobiliario público e de posta en valor do patrimonio etnográfico municipal.
Realizaron labores de coidar espazos como as férvedas de Rus e Entrecruces, o conxunto de muíños de Lema ou a Ponte Lubiáns, pero tamén de áreas recreativas totalmente renovadas, como a de Santa Lucía, en Artes, ou a de Outón, en Rus, que recibiu a visita municipal.
A proposta do Consello Parroquial de #Entrecruces, o Concello de Carballo acometeu no ano 2020 a restauración do lavadoiro do Piñeiro da Baixa, un conxunto etnográfico singular en todo o concello que se puxo en valor grazas a esta intervención. #DescubrindoEntrecruces pic.twitter.com/8Wseasclx5
— carballo_gal (@carballo_gal) April 20, 2022
Convidámoste a rematar a xornada facendo un pequeno percorrido polo renovado espazo público do lavadoiro do Piñeiro da Baixa, para que vexas a obra completa, incluída a comporta que permite regular o nivel da auga. Hoxe achegouse ata alí o alcalde.
— carballo_gal (@carballo_gal) April 20, 2022
Boa noite dende #Entrecruces! pic.twitter.com/wBESuO64yN