Rescatan no río Anllóns o corpo sen vida dunha muller desaparecida en Carballo

08:14 13/05/24
Axentes da Garda Civil e membros de Protección Civil recuperaron esta pasada mañá de domingo no río Anllóns o corpo sen vida dunha muller desaparecida en Carballo.
Segundo informou o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña, os bombeiros de Carballo foron alertados ás 9,15 horas deste domingo para formar parte do operativo de procura dunha muller que desaparecera o sábado.
Sobre as 11,15 horas, localizaron ao corpo sen vida da muller. No operativo participou a Garda Civil de Carballo, o SMPC de Carballo, a Policía Local de Carballo e os GEAS da Coruña.