Ruth Matilda Anderson xa está en Carballo

Xa temos revisado en 30 imaxes as viaxes de Ruth Matilda Anderson pola Costa da Morte entres 1924 e 1926, pero velas fotos en directo en gran formato saben doutra maneira.
Dende onte xa hai esa posibilidade, pois tivo lugar a inauguración da exposición «Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Carballo. Unha exposición que se enmarca no proxecto «Corrente cultural» que propicia a colaboración entre ABANCA, Afundación e o Concello de Carballo, con fondos da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America, que atesoura a colección de arte hispana máis importante fóra do territorio español.
As imaxes seleccionadas pertencen ao relato documental que Ruth Matilda Anderson elaborou durante a súa viaxe de investigación en Galicia entre os anos 1924 e 1926 a pedimento do fundador de The Hispanic Society of America, o filántropo e hispanista Archer Milton Huntington.
A exposición, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar ata o vindeiro 31 de decembro, de luns a domingo en horario de 16.30 a 21.00 h.
Se a exposición é interesante, o Catálogo da mostra, con 450 imaxes, texto… é un tesouro para entender os anos 20 do século pasado. Esta publicación está á venda en calquera dos puntos habilitados nas sedes de Afundación así como na súa páxina web, na tenda online de Afundación.
Novas relacionadas
- A viaxe de Ruth Matilda Anderson pola Costa da Morte en 30 imaxes.
- Ruth Matilda Anderson: Como era a Costa no 1924?.
- A Galería Mulleres recoñece o traballo fotográfico de Ruth Matilda Anderson.
MÁIS NOVAS DA NOSA HISTORIA FOTOGRÁFICA
- A Costa da Morte de Ramón Caamaño en 45 imaxes.
- O Arquivo Vidal recibe o premio "Fotógrafo Histórico" da Deputación.
- José Vidal, “o fotógrafo da xente”. O libro de Xan Fernández Carrera.
- “A historia da Costa da Morte do século XX resultaría moi difícil de escribir sen consultar a obra de Ramón Caamaño e José Vidal”.
- A historia de Muros en 15 fotografías de Juan Málvarez.
- Na casa de Ramón Caamaño.
- Quen asume a necesaria responsabilidade de recuperar o fondo de Ramón Caamaño?