Luns. 09.09.2024
El tiempo

O San Xoán carballés xa ten Comisión

comision_festas_San Xoan-Carballo-2024
O San Xoán carballés xa ten Comisión

Tralo acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, quedou oficialmente constituída a comisión organizadora do San Xoán 2024, formada por membros do Concello de Carballo e da Asociación Cultural San Xoán.

En representación da entidade social forman parte da comisión Sergio Varela Fuentes, presidente; Gustavo Lorenzo Pena, secretario; José Antonio Deus Antelo, Mª Carmen Pacoret Rey e Roberto Rancaño Lagoa, como vogais, e María Ascensión Vázquez Nértoa, Alejandro Nogueira Carral, Mónica Gerpe Galindo, Iván Blanco Martínez, e Óscar Álvarez Pose, como colaboradores. 

O Concello de Carballo, pola súa banda, está representado por Maruxa Suárez Cotelo, concelleira de Cultura e Festas, e Carmen Castro Pombo, xefa do servizo de Cultura. 

As festas de San Xoán celebraranse do 19 ao 30 de xuño, cunha chea de actividades que se darán a coñecer nos vindeiros días. 

Comentarios