Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Seca: Augas confirma que queda un verán complicado na conca do Anllóns

  • A Xunta pide aos Concellos que poñan en marcha medidas de restrición nos servizos públicos xa, e faga recomedacións de uso responsable á veciñanza
reunion seca_agosto carballo
Imaxe da reunión telemática con Augas
Seca: Augas confirma que queda un verán complicado na conca do Anllóns

Trala declaración da prealerta por seca na bacía do Anllóns, a Xunta mantiña onte a primeira reunión cos concellos afectados da comarca de Bergantiños.

Augas de Galicia confirmáballe que a seca persistente dos últimos meses e as previsións meteorolóxicas para o que queda de mes auguran un verán complicado na conca fluvial do Anllóns. Así, malia que por agora a situación é de relativa normalidade, xa se puxeron en marcha as primeiras medidas para reducir o consumo de auga para anticiparse “ao que poida vir”. “Para os concellos con plans de emerxencias contra a seca é o momento de empezar a aplicar o que diga ese plan”, e para os que non o teñan, a recomendación é “prescindir dos usos da auga que non sexan imprescindibles”, indicaron dende Augas de Galicia.

Carballo, por exemplo, no seu Plan, ten establecidas unha serie de recomendacións (que non restricións) en caso de prealerta, pero Concellos e Xunta acordaron adoptar as seguintes restricións que só afectan aos servizos públicos:

  • Eliminar os baldeos agás por causa xustificada.
  • Pechar todas as fontes ornamentais.
  • Intentar reducir ao máximo os consumos municipais.
  • Limitar as regas das zonas verdes, que se farán en días alternos e reducindo o tempo.
  • Colocar nas duchas das praias carteis informativos para que as persoas usuarias procuren abrir a auga o mínimo tempo posible.
  • Trasladar á poboación unha serie de consellos básicos.

Doble captación en Carballo

Carballo ten unha doble captación do río Anllóns (40%) e Bardoso (60%), e coñece perfectamente o estado dos ríos, gracias ao investimento de 4 millóns de euros realizado nos últimos anos no sistema de abastecemento.

O Concello lembrou que en Carballo se consumen 5.500 metros cúbicos de auga ao día (5,5 millóns de litros), e se ben está en contacto coa empresa concesionaria, tamén recordou que moitas traídas privadas poderán ter problemas ao longo do mes. Nese caso, o Servizo Municipal de Protección Civil encargarase, como é habitual, de encher os depósitos veciñais, sinalou.

Novas relacionadas

Comentarios