Segue aumentando a reciclaxe de aceite doméstico en Carballo
Tras dous anos e medio de servizo, a cantidade de aceite doméstico usado recollido mensualmente en Carballo segue aumentando. A media deste ano 1.317 quilos, sendo un total de 18.303 quilos de aceite os recollidos durante 2020, o que permitiu evitar a contaminación de 20.133.300 litros de auga.
Son as familias as que máis se están apuntando a esta importante reciclaxe.
Nestes momentos hai 30 puntos de recollida, a maior parte distribuídos polos distintos barrios do casco urbano. Contedores que poden ser utilizados os 365 días do ano e as 24 horas do día, con botellas de plástico pechadas, ou os funís que ofrece o Concello. En todo caso, a utilización é moi desigual duns puntos a outros: os máis utilizados na zona urbana son os situados xunto a supermercados e ao Mercado Municipal, e na zona rural o que máis uso ten é o de Berdillo.
Tendes información en carballolimpo.org.
Novas sobre reciclaxe en Carballo
- Decembro 2020: Xa podes pedir un dos 150 composteiros de Carballo.
- Outubro 2020: Carballo “Recicla vidro por elas”.
- Outubro 2020: Carballo fachendea de auga da billa.
- Setembro 2020: Aumenta o uso do servizo de recollida de aceite usado en Carballo.
- Agosto 2020: As familias de Carballo xa superan a reciclaxe de 11.100 quilos na quinta fracción.