Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Aumenta o uso do servizo de recollida de aceite usado en Carballo

Colector_aceite_sofan-Carballo
O último colector instalado é en Sofán
Aumenta o uso do servizo de recollida de aceite usado en Carballo

Por cada litro de aceite usado que se recolle e se trata, evítase a contaminación de 1.000 litros de auga.

Por iso é tan importante que os Concellos se impliquen na recollida de aceite usado, para evitar que as familias teñamos que desfacernos del polo desaugadoiro, ou nos contedores ordinarios.

En Carballo, o servizo segue medrando. Este mes de agosto recolleron 1.395 quilos de aceite usado, situando a media mensual nos 1.378,5 quilos. Foron especiais os meses de marzo e xuño, cando se recolleron máis de 2.000kg.

Ademais, a rede de colectores tamén segue a estenderse, e o último acaba de instalarse en Sofán. Son xa 29 puntos de recollida, moitos no casco urbano pero tamén nos lugares de Razo, Pedra do Sal (Lema), Berdillo, Ardaña, Sísamo, Feira de Berdillo (Artes) e Imende (Noicela).

Para usar os contedores, as familias poden usar botellas de plástico reutilizadas ou os funís que ofrece o Concello e que podedes solicitar na Casa do Concello.

Novas relacionadas

Comentarios