Vernes. 24.05.2019
El tiempo

Senda Nova abre as súas Xornadas de Interpretación dos Bosques

Xornadas de Interpretacion dos Bosques de Senda Nova 2019
Xornadas de Interpretacion dos Bosques de Senda Nova 2019
Senda Nova abre as súas Xornadas de Interpretación dos Bosques
Senda Nova abre as súas Xornadas de Interpretación dos Bosques

Camiñatas interpretativas, plantacións de árbores autóconas, erradicación de eucaliptos, prantacións nos coles... Así son as novas Xornadas de Interpretación dos Bosques que onte presentaba a activa Asociación Senda Nova, co gallo do Día Internacional dos bosques (21 de marzo).

Unhas xornadas para poñer en valor e dar a coñecer o bosque atlántico, as súas características principais e sobre todo as súas problemáticas actuais.

A primeira actividade terá lugar o domingo día 10 de marzo, e consistirá nunha ruta a pé nomeada “Camiños de Aldemunde” unha tradicional actividade, que levan percorrendo 10 anos, polo bosque da Ribeira da Pena, un dos espazos máis especiais e mellor conservados que hai na zona, pero que ano tras ano está a sufrir graves feridas que están a acabar con el, talas indiscriminadas, especies invasoras, incendios forestais, apertura de pistas, degradación dos antigos camiños e corredoiras…

A segunda camiñada que faremos será o sábado día 23 de marzo, nesta ocasión desprazarémonos pola mañá até as beiras do río Bardoso no concello de A Laracha, un lugar magnífico para observar a vexetación de ribeira, e a importancia da mesma.

Ámbalas dúas actividades se desenvolverán en xornada completa, e é precisa a inscrición previa, que deberá realizarse no Espazo da Natureza de Oza os xoves ou venres de 17:00 a 20:00 ou en Protección Civil de Carballo de luns a venres en horario de mañá (10:00 a 13:00). Sendo os prezos de inscrición para as persoas maiores de idade de 6 euros non socias, e 3 euros socias / menores de idade 3 euros non socias, e 1 euro socias.

Día da Árbore

Toca tamén celebrar Día da Árbore, que consiste nunha plantación conxunta de especies autóctonas no Espazo da Natureza de Oza.

Comentarios