![senda-nova-avistamento-aves]()
O pasado sábado, a asociación organizou un avistamento de aves dende o monte de Santo Hadrían de Malpica
Un bo grupo de xente participou o pasado sábado no avistamento ornitolóxico dende o monte de santo Hadrián, en Malpica, organizado pola asociación ambiental Senda Nova. Álvaro Barros, doutor en bioloxía e membro da Sociedade Galega de Ornitoloxía, foi o encargado de guiar a actividade que se celebrou no eido dos actos conmemorativos do
70º aniversario da visita do prestixioso ornitólogo Francisco Bernis ás Illas Sisargas e dentro do
programa de verán de Senda Nova.
![senda-nova-avistamento-aves-malpica]()
Os participantes tiveron a oportunidade de coñecer a historia de Malpica da man de Xosé Manuel Varela
Os asistentes gozaron das explicacións de Álvaro Barros e de Xosé Manuel Varela, os cales fixeron un repaso da historia da vila e das illas, e foron adiantando información sobre o que ían obsevar. Os expertos explicaron a importancia que tivo a nivel científico a visita de Bernis anos atrás e toda a nova información que se descubriu grazas ás súas dúas visitas á zona.
![senda-nova-3]()
O biólgo Álvaro Barros foi o encargado das explicacións durante o avistamento das aves
Álvaro Barros e algúns participantes como Sergio París - membro tamén da SGO - contaron algunha das anécdotas escoitadas e experiencias vividas nas Illas Sisargas durante as visitas e estudos das mesmas. Xa en Santo Hadrían, os participantes puideron observar a través dos prismáticos e telescopios diferentes as diferentes aves que frecuentan a zona: gaivotas, cormoráns, choias, mascatos pescandos,... acompañadas das explicacións de Álvaro Barros que axudaron a comprender o comportamento e os movementos de cada unha das especies. Durante a observación tamén houbo tempo para recordar outras especies que eran comúns na zona, tales como o arao, pero que por diferentes razóns xa non visitan o lugar.
Próximas citas
A programación do verán de Senda Nova continúa mañá xoves coa
proxección do audiovisual "Hose quen baila?" - producido pola entidade ambiental - que terá lugar a partir das 21:30 hroas no local social de Rececindo. E xa o sábado, a cita será no Monte Neme para dende alí facer unha
observación das perseidas guiada por Jorge Mira con roteiro nocturno incluído.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Senda Nova