Venres. 26.04.2024
El tiempo

O skyline de Carballo, protagonista da campaña #EuqueroCarballo

Eu quero Carballo skyline
O skyline de Carballo, protagonista da campaña #EuqueroCarballo

Presentou onte, aproveitando o Día do Amor, a campaña “eu quero Carballo”. Unha campaña que nacía en 2019, cun vídeo dende as 18 parroquias, e que continúa este ano cunha nova imaxe. Este ano, un skyline dos edificios máis emblemáticos da vila, de novo facendo paralelismos co “ILoveNY” que tanto triunfou e triunfa no mundo enteiro.

A idea non é outra que a de “trasladar unha imaxe do noso concello en positivo, promovendo prácticas cidadás cotiás que contribúen a mellorar o noso territorio e fomentando o orgullo de ser de Carballo e de vivir neste concello”.

Presentacion campana Eu quero Carballo 2022
No acto participaron o alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures; o concelleiro de Deporte e Cultura, Marcos Trigo; o propio Xaime Díaz, e a directora do Centro de Recursos de Íntegro, Noelia Barreira

A nova imaxe chegará en varios formatos: adhesivos estáticos para comercio, hostalaría e actividades económicas en xeral (poden recollerse, de balde, na Biblioteca Rego da Balsa); adhesivos estáticos para vehículos (poden recollelos todas as persoas interesadas, de balde, na Biblioteca Rego da Balsa) e marcapáxinas coas tres versións do skyline (repartiranse nos centros educativos nos vindeiros días).

Ademais, van facer uns singulares agasallos: xabóns naturais de glicerina elaborados polos usuarios e usuarias da Asociación Íntegro para os bebés carballeses.

Novas relacionadas

Comentarios