venres. 15.11.2024
El tiempo

TeGa pide a creación dunha unidade de prescrición de exercicio físico no Centro de Saúde de Carballo

Carril Bici en Bertoa
TeGa pide a creación dunha unidade de prescrición de exercicio físico no Centro de Saúde de Carballo

O exercicio físico é saúde. E xa son moitos o médicos que o receitan para a prevención nos seus pacientes,. De aí que Andrés Eirís, voceiro de TEGA, vaia presentar no vindeiro pleno unha moción para instar ao Concello de Carballo a crear unha Unidade de Prescrición de Exercicio físico no Centro de Saúde carballés, !onde os médicos deriven a UPE aos pacientes que necesiten o exercicio físico para mellora da súa calidade de vida e como tratamento das patoloxías que os médicos consideren”.

”Coa creación da UPE o Concello tería máis probabilidades de conseguir ser un concello máis saudable”, entende Eirís, que ve necesaria máis “planificación” para afrontar as políticas de mobilidade: “D pouco van valer 18 km de sendas ciclistas se non ven acompañadas dun sistema público de bicicletas”, apunta. “Carballo, non é Holanda onde o 80% son vivendas unifamiliares e ter unha bicicleta na casa e moito máis accesible que tela nun piso ou trastero pois no casco urbano de Carballo vívelle maioritariamente en pisos”.

Eirís tamén se pregunta porque se “queren sacar os vehículos privados do centro facemos grandes bolsas de aparcamentos gratuitos e non facemos nada por traer os veciños das parroquias en transporte colectivo, por exemplo adquirindo un par de autobuses que fagan o recorrido desde as parroquias ao casco urbano de Carballo o que sexa necesario”.

Comentarios