Touriñán, Yllana, Contraproducións, Chévere e Luis Piedrahita enchen de arte os recintos de Carballo

Tras dúas semanas de verdadeira vertixe cultural, Carballo volver vivir outra fin de semana ateigada de cousas que facer que nos devolven aos tempos da normalidade de verdade. E o Festival Internacional Outono de Teatro ten moita culpa, pois entre os días 7 e 12 de outubro, trae unha chea de espectáculos, non só a Carballo, senón ademais tamén ás parroquias de Cances e Berdillo, que acollerán, por primeira vez, programación do FIOT.
Unha fin de semana na que ademais se poderán comprar máis entradas para programas como as Noites de Troula ou no Programa de Sala, gracias á ampliación de aforos nos eventos culturais.
Pasarán pola vila bergantiñá Xosé A. Touriñán, Paula Carballeira, Chévere, Luis Piedrahita, Pallasos en Rebeldía, Yllana, Contraproducións, Marta Valverde, La gata japonesa, Arroutadas e David Rodas, entre outras propostas singulares.
Xa onte houbo sesión do Ciclo OTNI, coa presentación do work in progress de 30’ 70 60’ 120, o novo espectáculo sobre o que está a traballar a artista multidisciplinar Marta Valverde.
Para hoxe venres 8, a Praza do Concello acolle propostas para público familair como Los viajes de Bowa, da compañía madrileña La Gata Japonesa, unha proposta repleta de equilibrios, maxia, acrobacia aérea, teatro de obxectos, humor ou poesía. Esta sesión de Teatro de Rúa comezará ás 20.00 horas.
A Rúa dos Contos, que con 20 anos de historia segue trabanlando na recuperación e difusión da tradición oral, trae novas Noites de Troula Mercado Municipal con grandes humoristas como Xosé A. Touriñán (venres 8 de outubro),quen presentará Aquí tou, ou Luís Piedrahita (martes 12 de outubro), que chega a Carballo no marco da xira estatal Es mi palabra contra la mía. Tamén o mercado acollerá o luns 11 a estrea absoluta de Foot, a nova creación de Pallasos en Rebeldía, un monólogo poético, cómico e surrealista na voz dun futbolista palestino, quen nos conta o imposible camiño do seu equipo para clasificarse á Copa Mundial.
Metro Cadrado
Na xornada do sábado 9 comezará a V edición do Certame Metro Cadrado, con funcións de DES-abonar, de Arroutadas, no Horto Urbano (rúa Nardos) e de A/o pesar do tempo, de David Rodas González, na Ponte de San Martiño. Son pezas creadas especificamente para desenvolver nestes puntos do espazo público de Carballo, abertas á cidadanía e que se poderán ver, nos dous casos, ás 12.30, 13.30, 18.00 e 19.00 horas. Para asistir, recoméndase realizar unha reserva previa a través do correo electrónico fiot. microteatroentrada@gmail.com.
E tamén este sábado 9 arrancará unha das principiais novidades desta 30ª edición, como é o FIOT en Ruta, o programa que expande e descentraliza actividade escénica pola comarca da man de grandes compañías do teatro galego. Así, Berrobambán, con A carreta pantasma, e Chévere, con As fillas bravas e o mito de Casandra, actuarán nos centros sociais das parroquias de Cances e Berdillo os días 9 e 12 de outubro, respectivamente.
Xograresa de Outono e Programa de Sala
Pola noite será a quenda dun dos momentos máis agardados desta 30ª edición: a entrega do Premio Xograresa de Outono 2021 á actriz e directora Casilda García Alfaro. O acto terá lugar antes do inicio da función de Cigarreiras, a nova creación de Contraproducións na que Cándido Pazó realiza unha relectura do drama individual e colectivo escrito por Emilia Pardo Bazán na súa novela La Tribuna.
Xa o domingo 10, chegará outro dos pratos fortes desta edición: o espectáculo Greenpiss, de Yllana, compañía de teatro xestual gañadora en dúas ocasións do Premio Max ao Mellor espectáculo e catro Premios do Público do FIOT. Nesta ocasión, Yllana presenta unha divertida sátira sobre a ecoloxía e o futuro da humanidade, con enfrontamentos entre multinacionais e activistas medioambientais, e na que catro actores darán vida a galiñas, políticos, pingüíns ou árbores, unha creativa receita ateigada de humor ácido e sen barreiras.
Greenpiss de Yllana
Novas entradas á venda
A partir das 10.00 horas deste venres 8, e ante o cambio de normativa autonómica que permite a ampliación da capacidade dos recintos culturais, o FIOT terá ocasión de sacar á venda novas entradas para algúns dos espectáculos máis demandados deste FIOT30, como son Aquí tou, de Touriñán; Cigarreiras, de Contraproducións; Greenpiss,
AXENDA FIOT - Do 7 ao 12 de outubro
08.10.2021 | 19.00 e 20.00 horas
Estación Vella de Autobuses
OTNI | FIOT Fónico: O espello que arde
08.10.2021 | 20.00 horas
Praza do Concello
Teatro de Rúa | La gata japonesa: Los viajes de Bowa
08.10.2021 | 22.30 horas
Mercado municipal
Rúa dos Contos | Noites de troula con Xosé A. Touriñán: Aquí tou
09.10.2021 | 12.30, 13.30, 18.00, 19.00 horas
Horto Urbano (rúa Nardos)
Certame Metro Cadrado | Arroutadas: DES-abonar
09.10.2021 | 12.30, 13.30, 18.00, 19.00 horas
Ponte do San Martiño
Certame Metro Cadrado | David Rodas González: A/O pesar do tempo
09.10.2021 | 19.00 e 20.00 horas
Estación Vella de Autobuses
OTNI | FIOT Fónico: O espello que arde
09.10.2021 | 19.00 horas
Centro Social de Cances
FIOT en Ruta | Berrobambán: A carreta pantasma
09.10.2021 | 20.30 horas
Pazo da Cultura
Entrega do Premio Xograresa de Outono 2021 a Silda Alfaro
09.10.2021 | 20.30 horas
Pazo da Cultura
Programa de Sala | Contraproducións, Histrion Teatro, Teatre Romea, Encaro Factory: Cigarreiras
10.10.2021 | 13.00 e 19.00 horas
Estación Vella de Autobuses
OTNI | FIOT Fónico: O espello que arde
10.10.2021 | 20.30 horas
Pazo da Cultura
Programa de Sala | Yllana: Greenpiss
11.10.2021 | 21.00 horas
Mercado municipal
Rúa dos Contos | Pallasos en Rebeldía: Foot (ESTREA ABSOLUTA)
12.10.2021 | 13.00 e 19.00 horas
Estación Vella de Autobuses
OTNI | FIOT Fónico: O espello que arde
12.10.2021 | 19.00 horas
Centro Social de Berdillo
FIOT en Ruta | Grupo Chévere: As fillas bravas e o mito de Casandra
12.10.2021 | 22.30 horas
Mercado municipal
Rúa dos Contos | Noites de troula con Luis Piedrahita: Es mi palabra contra la mía
Todas as fins de semana | A calquera hora
Fórum Carballo
OTNI | FIOT Fónico: A lúa, válvula de spray
NOVAS RELACIONADAS
- 2021: A rúa ten vida no FIOT de Carballo
- 2021: A Rúa dos Contos abre este venres o FIOT.
- 2021: #FIOT30: Volve, con todo e pensando no pobo, o Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo
- 2020: A innovación do #FIOTenpausa achegou o teatro ás novas xeracións.
- 2020: O FIOT innova por pandemia.
- 2020: “A ficción sonora “A lúa, válvula de spray” crea un discurso artístico coa cidade”.
- 2020: Carlos Alonso, Xograr de Outono desta singular edición do #FIOTenpausa 2020.
- 2019: As impresionantes cifras do FIOT, a maior oferta teatral de Galicia.
- FIOT 2018: O FIOT, o maior festival de teatro de Galicia, pecha cun 98% de ocupación achegándose á mocidade.
- Setembro 2018: O FIOT recibe o premio da Cultura Galega de Artes Escénicas.