Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un tractor quedou calcinado en Rus

Un tractor quedou calcinado en Rus

Esta pasada tarde de xoves, pasadas as 17:00h, os Bombeiros de Carballo tiveron que achegarse ao lugar de Caxín, en Rus, Carballo. Un tractor de limpeza do monte prendera completamente a uns trinta metros fora da estrada en zona de monte.

Os bombeiros procederon a extinguir o incendio coa colaboración do SMPC de Carballo e refrixeraron todo o perímetro da zona para previr unha posible propagación do lume ó monte.

Remataron a intervención preto das 19:00h, e afortunadamente ningunha persoa resultou ferida, só houbo danos material.

Comentarios