Trasladan en ambulancia a unha persoa que sufría un ataque epiléptico por posible intoxicación con monóxido de carbono nun garaxe


Pasaban das 17:00h da tarde do pasado mércores 6 de decembro cando unha persoa sufría un ataque epiléptico nun soto dun garaxe da Rúa Gran Vía, 134, en Carballo. As primeiras sospeitas dos presentes levaban a pesar que puido ser debido a unha intoxicación de monóxido de carbono. Ao parecer, o home sufriría un ataque epiléptico xa montado no vehículo e quedoulle o pé no acelerador, inundando todo o local de fume.
O 061 chegaba con rapidez e trasladaba ao ferido ao Hospital, mentres ao lugar chegaban Protección Civil e os Bombeiros de Carballo, co medidor de gases eo extractor de fumes. Os Bombeiros realizaron varias medicións, dando todas negativas, a pesar de que si se apreciaba visualmente bastante fume no garaxe, polo que optaron por instalar un extractor de fume na entrada do garaxe, pola rúa Vila de Corcubión e así evacuar todo o fume do interior do garaxe.
Fonte
- Bombeiros de Carballo.