Un cazador atopa un cadáver en descomposición en Carballo
07:01 04/12/17
Un cazador achou un cadáver en estado de descomposición a pasada mañá do domingo nunha zona de monte, no lugar de Goiáns de Arriba, en Carballo.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao fío das 11:20 horas. A partir de aí, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informouse dos feitos á Garda Civil. A Benemérita informará en canto descubra a identidade do corpo.
Fonte
- redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).