venres. 11.07.2025
El tiempo

Un ferido tras envorcar co se vehículo en Carballo

Un ferido tras envorcar co se vehículo en Carballo

Eran as 15:00 da tarde de onte martes, cando un vehículo envorcaba, tras impactar, por causas que se descoñecen, contra outro coche que estaba estacionado no arcén do marxe dereito da Avenida Fisterra de Carballo, á altura da vivenda no 123, dirección Coristanco.

O condutor puido saír polos propios medios pola ventanilla do coche e foi atendida na ambulancia do 061, na cal tamén foi trasladada.

Os Bombeiros de Carballo procederon a desconectar a bateria do coche volcado, darlle a volta o coche cando chegou a grúa para poder retiralo e limpar a estrada de restos de coche, cristais e aceite para poder restablecer o tráfico de coches quedando de novo a estrada en perfecto estado para o seu uso de tránsito.

Accidentes 2017

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios