Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar (UDIAF) de Bergantiños amplía o seu equipo

xaneiro_2023_novo_equipo_udiaf
A Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar (UDIAF) de Bergantiños amplía o seu equipo

Boas novas para a Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar (UDIAF) de Bergantiños. Dúas novas profesionais incorpóranse ao grupo de traballo interdisciplinario. Son agora cinco profesionais, todas a tempo completo, as que tratarán de axudar as familias con crianzas de 0 a 6 anos con problemas de desenvolvemento

O novo convenio entre a  Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT), e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia supón un incremento dos recursos que permitirá reducir ou mesmo rematar coa listaxe de agarda (que pasou de 53 a 36 no último ano).

Para iso o centro contará ademais con novos  recursos materiais como o é área de psicomotricidade totalmente renovada grazas ao investimento realizado polo Concello de Carballo.

Nos vindeiros días, dende a UDIAF remitirase a memoria anual aos sete concellos da comarca de Bergantiños. Os datos son moi semellantes aos do ano anterior. Ao longo do 2022 foron atendidos 107 nenos e nenas (no 2021 foran 113), que representan o 5,3% da poboación de 0 a 6 anos (no ano 2021 a porcentaxe era do 3,6%, un claro indicativo do alarmante descenso da poboación na comarca). A idade media de
acceso ao servizo aumentou lixeiramente, ata os 3,05 anos (no 2021 a media foi de 3 anos, e no 2020, de 2,9 anos).

Polo que se refire á tipoloxía dos problemas atendidos, os principais corresponden ao retraso evolutivo (35%), sitúanse no ámbito afectivo-emocional (26%) ou afectan á linguaxe e a fala (20%), pero na UDIAF tamén se atenderon problemas de hábitos, de conduta, de atención, motrices, sensoriais, sindrómicos e cognitivos.
A valoración das familias segue sendo moi boa, e no 2022 outorgaron á unidade de Carballo unha
puntuación de 4,71 sobre un máximo de 5.

En total realizáronse 1.943 prestacións de apoio personalizado e 477 actuacións de coordinación con outros profesionais e recursos con motivo dos programas personalizados.


 

Que é a UDIAF

A UDIAF de Bergantiños forma parte, xunto coas do Salnés e do Deza, dun proxecto dirixido pola Asociación Galega de Atención Temperá e subvencionado pola Consellería de Política Social para nenos e nenas de 0 a 6 anos. A súa sede está na avenida do Ambulatorio, nun local cedido polo Concello de Carballo no antigo
ambulatorio. O servizo é público e gratuíto. O contacto pode realizarse a través do correo electrónico [email protected] ou ben chamando

Comentarios