Martes. 23.04.2024
El tiempo

Urbanismo táctico: Mellorando a seguridade nas zonas escolares carballesas

Urbanismo tactico en Carballo
Urbanismo táctico: Mellorando a seguridade nas zonas escolares carballesas

Medidas de protección peonil como a redución da velocidade a 20km/h, a a renovación da sinalización, a colocación de topes de caucho nas prazas de aparcamento da rúa Vila de Ordes, xunto ao CEIP Fogar, evitando así que os vehículos invadan as beirarrúas. Son algunhas das medidas de que está desenvolvendo o Concello de Carballo para mellorar a seguridade dos peón sarredor dos centros escolares CEIP Fogar e o IES Alfredo Brañas, o CEIP Xesús San Luís Romero e o CEIP Plurilingüe A Cristina.

Medidas acompañadas por outras enmarcadas no chamado “urbanismo táctico”, que utiliza cousas tan básicas como a pintura para “mudar o espazo urbano”. O primeiro exemplo dase na zona do IES Isidro Parga Pondal, na que, a proposta do centro, por unha parte realízase unha reordenación dos aparcamentos e, por outra, delimítase unha senda peonil dende a ponte ata o instituto, pola marxe dereita da rúa. A vindeira semana está previsto actuar tamén na contorna do CEIP Bergantiños.

Comentarios