Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cociñando co camping gas sobre a vitrocerámica

Cocinando a camping gas
Varias familias de Artes teñen que cociñar co camping gas pola falta de tensión na liña eléctrica
Cociñando co camping gas sobre a vitrocerámica

Non se imaxinaron as familias que levan máis de 5 anos instaladas nunhas vivendas en Artes, a apenas 1 km da rotonda da Milagrosa, ter que acabar facendo a comida no camping gas. Ou ter que saltar o muro da súa casa porque non funciona o porteiro automático. E non é porque falemos de casas vellas, ou precarias. Falamos de vivendas de nova promoción (2012), cunha importante hipoteca detrás polas que 5 familias de entre 30 e 45 anos, con fillos pequenos, decidiron apostalo todo.

Casas de Artes afectadas por unha lina de baixa tension
Vivendas urbanas de Artes afectadas pola baixa tensión da liña eléctrica

Dende o primeiro día levan sufrindo problemas coa tensión eléctrica. Ao seren vivendas novas tiveron que cumplir ordenanzas ambientais conforme son 100% eléctricas. Calefacción, vitrocerámica, auga quente, a luz… todo vai por enerxía eléctrica. Todo correcto se o suministro eléctrico básico fose correcto.

Pero atópanse con que a tensión que chega aos seus enchufes, durante varias horas ao día, é de entre os 160 e os 190 voltios (o resto de tempo ronda os 210), cando por lei debería ser de 230V, sinalando que pode haber un desfase de 7% para que non haia baixa tensión ou sobretensión. Con esa tensión non funcionan nin as bombillas, porque non é un tema de potencia, “dá igual que temos 4,4 kw contratados“.

A problemática dase porque están nunha zona de “fin de liña”, onde a tensión chega máis cansa, “Fenosa debería reforzar a liña ou poñer un novo transformador, pero debe ser moi caro e aquí seguimos”, lamenta Víctor.

”É unha situación de indefensión absoluta”, explica Víctor Prado, un dos veciños afectados. Prado e a súa familia levan un ano instalados, e aínda teñen folgos para pelexar por esta situación. Algúns dos seus veciños, tras 6 anos de batallas burocráticas, téñense case resignado. ”Se soubéramos os problemas que tiñan estas parcelas non nos metíamos nunha hipoteca aquí, por suposto”.

Pasos dados

A realidade é que teñen feito de todo. “Témonos reunido con UFD (Unión Fenosa), que mandan un operario para cambiar as fases pero non vale nada. Temos reclamado a Consumo, a UDF xa enviamos ducias de correos coa incidencia e non contestan ou contestan con “están traballando en ello”… En febreiro reunímonos co alcalde, contámoslle a situación, veu o Concelleiro de Obras, e todo o mundo entende que é surrealista. O Concello asegurou que ten denunciado a Industria, pero non teñen resposta”.

Dunha volta criron ter solventado o problema. Fenosa deu 2 puntos máis de potencia no transformador, cos que volvían á normalidade. Pero as vivendas de principio de liña sufrían golpes de sobretensión e se lle queimaban os electrodomésticos, polo que protestaron e volveron baixar a potencia e todo segue igual nesas 5 vivendas de Artes.

Agora van enviar un escrito á Consellería de Industria denunciando o caso. “Sentímonos indefensos e ninguneados, polo que imos presentar uns modelos para que un organismo da Consellería de Industria interceda por nós, porque Fenosa non quere asumir o custe de poñer un transformador por 20 veciños.

 

 

Comentarios